Navegación |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
NOVA ENTREVISTA O NOSO ADESTRADOR ROCHA.
ANTE A DIFICULTADE DE MANTER ESTA PÁXINA WEB ACTUALIZADA POR MOR DO SERVIDOR, INFÓRMASE OS USUARIOS QUE SE VAI ELABORAR UNHA NOVA WEB DO CLUBE CUN NOVO DOMINIO.
A PUNTO DE SER CAMPIÓNS.
Non queda nada para confirmar o visto durante toda a tempada: O Baitra Baiona F.S. debe ser o Campión desta liga e conseguir o ascenso a Autonómica.
O partido contra o Celado "B" comezou cun Baitra moi nervioso ante a importancia do partido. Non tardou moito en sentenciar o equipo azul o encontro, e o porteiro mosense non paraba de recoller un balón tras outro da rede. Na segunda metade, o Baitra relaxouse e iso tivo como consecuencias que o Celado "b" aproveitara para marcar catro goles e maquillar o resultado.
Agora xa estamos contando os días para que chegue o sábado, para cumplir na cancha, e despois como non na celebración posterior no vestiario, no Chan da Lagoa e onde nos leve a noite.
Aquí podemos ver a Dalma coa súa familia escocesa
BOA SORTE, DALMA
Un dos fichaxes estrela deste ano, Dalma, xa se atopa en Escocia coa súa familia, onde de seguro non deixará a ninguén indiferente. Embárganos de pena a súa partida, pero estamos seguros de que cando volva en xuño estará feito un William Wallace e volverá a enfúndarse a nosa camiseta marina para xogar en Liga Autonómica. DALMA TE QUEREMOS!!! (pero sin mariconeos).
Nova sección nesta web: "Entrevistas a fondo".
Nesta inaugurada sección podedes comprobar al reaccións de diversos personaxes de actualidade.
As entrevistas serán realizadas polos micrófonos indiscretos de Migui e Txap.

Migui, Pichichi da Liga Provincial 2007/2008
Sorpresa é a mellor palabra para definir o título conseguido por un dos nosos estandartes, Migui, anotando case trinta goles menos co ano pasado (daquela, non puidera conseguilo) "o Santillana de Baiona" adxudicouse tal prestixioso título persoal (esperemos que para a tempada que está apunto de comezar consiga o título de campión)

O Concello de Baiona otórgalle ó Baitra Baiona F.S. unha subvención de 480 € por esta tempada.
De paso agradecer ó Concello de Baiona por esta subvención concedida, a pesar de que é a mesma que a do ano pasado, e a subida do IPC afectou a nosa contabilidade (encarecemento das fichas e dos arbitraxes, subida constante dos prezos dos combustibles...)
O Baitra Baiona F.S. finaliza a liga como terceiro clasificado e como equipo máximo goleador xunto co Cafetería el 55 con 154 goles.
|
|
|
|
|
|
|
Hoy habia 8 visitantes (12 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página! |
|
|
|
|
|
|
|